martes, 24 de febreiro de 2026

Manifestación en defensa do ensino público - 25 febreiro 2026

FOANPAS convoca unha manifestación para visibilizar e denunciar os recortes que están a afectar ó ensino público e que supoñen unha peor atención ó alumnado.

MÉRCORES 25 FEBREIRO 2026
ÁS 19:30 H
DENDE O CRUCE DA RÚA VÍA NORTE CON URZÁIZ ATA A FAROLA

É unha convocatoria conxunta co profesorado e que se replicará en diferentes zonas (Mos, Porriño, Cangas, Ponteareas...).

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!

Contamos con vós!! En defensa do ensino público!!

Desde a ANPA podemos achegar unha pancarta e outros materiais para as persoas que decidan unirse á manifestación.






domingo, 22 de febreiro de 2026

Menú comedor marzo 2026

Xa están publicados os menús do comedor de marzo.

Pódense ver e descargar desde a ligazón do lateral "Menú comedor escolar", 

directamente desde a ligazón: https://bit.ly/menu_pintor_laxeiro

ou escaneando o código QR 

QR Menú Pintor Laxeiro https://bit.ly/menu_pintor_laxeiro