mércores, 10 de decembro de 2025

Campamento de Nadal 2025

Como en anos anteriores, nestas vacacións de Nadal organizamos un campamento para mellorar a conciliación para as familias do Laxeiro. 

Pódese reservar desde días soltos ata todos os laborables non lectivos. As familias socias da ANPA gozarán de prezos especialmente accesibles. 

Este ano tamén existe a posibilidade de horario con tarifa reducida.

O Comedor pode ser levando tupper ou contratando catering sempre que exista un mínimo para garantizalo.

A realización está condicionada a alcanzar un número mínimo de inscricións.

Data límite de inscripción: 16 de decembro.



Datas:                                do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. 
Horario máximo:             de 8 a 16.
Horario tarifa reducida: de 8:50 a 14.

Pódese consultar toda a información do campamento no seguinte documento: 

campamento_nadal_2025.pdf




Menú comedor decembro 2025

Xa están publicados os menús do comedor de decembro.

Pódense ver e descargar desde a ligazón do lateral "Menú comedor escolar", 

directamente desde a ligazón: https://bit.ly/menu_pintor_laxeiro

ou escaneando o código QR 

QR Menú Pintor Laxeiro https://bit.ly/menu_pintor_laxeiro